top of page

Eramos Poucos é un proxecto de análise social e económica centrada na comarca de montaña da provincia de Lugo. Tómanse como exemplos os casos de Baleira, Cervantes e As Nogais, tres concellos con historias dispares pero cun mesmo obxectivo: frear o seu despoboamento.

​

Na páxina web diferéncianse os relatos do pasado, do presente e do futuro que se pretende nestas vilas.

​

Este é un Traballo de Fin de Máster realizado por Alejandro Vázquez Corral no curso 2019/20. As entrevistas persoais graváronse entre os meses de novembro e decembro de 2019. O material audiovisual enmárcase dentro do proxecto Entrelinguas.gal, unha produción realizada conxuntamente con Sara Barreiro Álvarez e Antonio Méndez Rodríguez, financiada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

bottom of page